martes, 30 de abril de 2024

REPASAMOS: CANTO SABES?

Deixo aquí dous xogos para que poidas repasar o aprendido sobre os continentes.
Este é o primeiro.Trátase de relacionar.


Agora tés que diferenciar e identificar os continentes. Atréveste?


OS SEIS CONTINENTES

Despois de aprender sobre o Sistema Solar, imos profundizar no coñecemento do noso planeta, a Terra. Vista desde o espazo parece unha enorme canica azul, xa que a maioría da súa superficie está cuberta de auga; son os océanos. Estes océanos rodean diferentes superficies de terra firme. Chamámolas "continentes". Visitamos este video para coñecelos mellor.


mércores, 24 de abril de 2024

Seguimos repasando

 Estamos aprendiendo a escribir cada vez mejor. Como aún nos quedan algunas dudas, vamos a repasar lo que sabemos sobre las sílabas ga, go, gu, gue, gui





PROFUNDIZAMOS NO SISTEMA SOLAR

Imos repasar o Sistema Solar e aprender, porque podemos saber máis, detalles que non coñecíamos. 


martes, 23 de abril de 2024

Cabe máis ou cabe menos...

É moi importante que calculemos en que recipientes cabe máis e onde cabe menos. Podemos empezar a practicar con este video.

Capacidade?

 Xa aprendemos antes as medidas de lonxitude (o metro, o centímetro), e as medidas de masa (o kilo, o gramo). Agora imos pensar en como medimos a capacidade, como podemos medir a cantidade de un líquido. 


Os oito planetas do Sistema Solar


O UNIVERSO

 Durante todo o curso estivemos aprendendo sobre a Terra: as súas paisaxes, os ríos e as montañas, as poboacións, as persoas que habitan no planeta... Pero onde está o noso planeta? Por que se chama Terra, se a maioría do planeta é auga? Imos aprender moito sobre o noso Universo.


luns, 22 de abril de 2024

Que sabemos do Universo?

Seguro que xa escoitaches falar moitas veces do Universo. Pero que é exactamente? E o Sistema Solar? Sabes o que é? Que diferencia hai entre as estrelas, os planetas e os satélites? Sobre isto e outros temas imos aprender durante estas semanas!

venres, 19 de abril de 2024

PEIXES DECORATIVOS

Deixo aquí algunhas ideas inspiradoras para os nosos peixes.





 

PRACTICAMOS SUMAS CON LEVADAS

 

DEBUXAR UN PEIXE

UN PEIXE: O RODABALLO

 Sempre que pensamos en vertebrados, o primeiro que nos ven á cabeza son os MAMÍFEROS. Pero hai catro grupos máis de vertebrados. Un deles é o dos peixes, que ocupan gran parte do noso planeta, e son tamén fundamentais para a nosa alimentación. Hoxe imos falar do rodaballo


mércores, 17 de abril de 2024

DESCRIBIR PERSOAS E DESCRIBIR ANIMAIS

Como estamos aprendendo moito vocabulario novo, temos que practicar, para non esquecelo. Imos facer descricións de persoas, animais, obxectos, lugares ... utilizando os adxectivos máis axeitados. Aquí queda unha guía que nos pode axudar a preparar ben unha descrición.

SUMAS LLEVANDO

 

Durante los últimos meses hemos practicado muchas sumas y restas. Ahora vamos a dar un pasito más y aprenderemos a sumar "llevando". ¿Llevando qué cosa? Ahora lo vais a saber.


luns, 15 de abril de 2024

venres, 12 de abril de 2024

Canto pesa?

 Usando a balanza para medir, que obxectos temos que utilizar para reunir un kilo de masa? Non foi fácil, eh?


xoves, 11 de abril de 2024

Usamos a balanza

 Para medir lonxitudes, usábamos o metro. Que usamos para medir o peso?


Que pesa mais?

Nas últimas semanas estivemos medindo lonxitudes, do máis curto ao máis longo. Agora imos empezar a comparar obxectos polo seu peso. Que pesa mais, un estoxo ou unha goma? Que pesa máis, un coxín ou un libro? Como podemos medir o seu peso?

Restas de tres cifras sin llevadas

martes, 9 de abril de 2024

REPASANDO O QUE SABEMOS DOS VERTEBRADOS CON CAMALEÓN

Agora que xa estamos convertíndonos en especialistas en animais, poderemos comprender moito mellor o xogo que fai camaleón. A ver se podemos competir con el!

 

luns, 8 de abril de 2024

VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS PASO A PASO

Imos aprender algo máis destes dous grupos de animais. Cada un deles pode tamén agruparse en "equipos" diferentes, segundo as características do seu corpo, a forma de nacer ou o lugar onde viven. Estás preparado para aprender algo máis?

 

VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS

Hoxe imos explorar a clasificación dos animais segundo o seu esqueleto. Hai animais que teñen esqueleto dentro do corpo, e columna vertebral, pero hai outros que non o teñen. Hai tanta variedade! Imos coñecer algo sobre todos eles. 

domingo, 7 de abril de 2024

METROS E CENTÍMETROS

Xa estamos collendo práctica no traballo de medir. Imos aprender agora outra forma de medir, para o que usamos regras ou cintas métricas. Tamén podemos usar un instrumento que se chama "metro". 

martes, 2 de abril de 2024

MEDIR CO NOSO CORPO

Nas matemáticas tamén aprendemos como medir. Ás veces non temos un metro cerca, e precisamos utilizar outros instrumentos. Que podemos utilizar? Aquí che quedan algunhas pistas. 
 

LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5

 En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?