martes, 25 de xuño de 2024

Visita ao Castro de Borneiro e Dolmen de Dombate

 A pesar da chuvia, o xoves 20 de xuño fomos que de facer o percorrido previsto. Exploramos o megalito de Dombate e aprendemos como hai xa 5 000 anos eran capaces de mover enormes pedras.

Visitamos tamén a Cidá de Borneiro, un poboado próspero da Idade de Ferro que mesmo tiña unha confortable sauna. Non deixamos de anotar no noso caderniño para que nada quedase esquecido. 


mércores, 19 de xuño de 2024

Dolmen de Dombate

Mañá viaxaremos a tres puntos de interese na contorna: O castro das Barreiras, o Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro. Dos tres, o único que non pertence á Idade de Ferro, na que se desenvolveron os castros, é o Dolmen de Dombate. Que sabemos de el?

mércores, 12 de xuño de 2024

Escribir unha postal

Desde que a Curuxa avisou de que había libros na escola para facer troco, estamos preparando unha postal. Xa sabemos escribir pero, que temos que poñer? Onde escribimos na postal? Se consultamos este video, podemos aprender o que é unha postal e como organizar os datos que imos poñer.

mércores, 5 de xuño de 2024

PODEMOS PREDECIR QUE TEMPO VAI FACER?

 Grazas á observación e ao desenvolvemento da ciencia, as persoas podemos saber con antelación que tempo vai facer nos próximos días. Para iso precisamos dalgúns instrumentos que nos axudan. Sabes cales son?


martes, 4 de xuño de 2024

O TEMPO ATMOSFÉRICO

Xa sabemos moitas cousas da nosa atmosfera. Agora imos aprender onde notamos os cambios da atmosfera...

 

LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5

 En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?