mércores, 30 de abril de 2025

TÁBOA DO 5

 Deixo aquí un par de xogos sinxelos. Este primeiro é para repasar a táboa seguida. Memorízaa ben antes de xogar.

 


E aquí tés unha proba para xogar coa táboa salteada. Practica todas as veces que poidas. 



O desafío final será este xogo no que, ademais de saber a táboa, tés que ser moi hábil para escapar dos aliens e meteoritos que aparecen por todas partes. 

REPASAMOS A TÁBOA DO 2

Para practicar a táboa do 2 imos comezar co repaso salteado. Proba con este xogo a ver que puntuación consigues. Se vés que podes mellorar, suxiro que lle deas un repaso a táboa. Non vale facer trampas e mirar a táboa mentres xogas. Hai que entrenar a memoria!


Se queredes practicar a táboa do 2, deixo aquí un xogo no que tedes que demostrar os vosos coñecementos e a vosa habilidade. Vai aparecer un tren no que tedes que encher explotando os globos e facéndoos caer no vagón correspondente. Probade, a ver que pasa. PERO REPASADE BEN A TÁBOA ANTES!

MULTIPLICAMOS CON LEVADAS

 Xa sabedes que para multiplicar é imprescindible APRENDERSE A TÁBOA DE MEMORIA. Mulitplicar  é unha operación sinxela, pero vólvese complicada se non sabemos a táboa. Xa estamos practicando a multiplicación con levadas, porque debemos ter aprendidas a táboa do 2 e a do 5. Así poderemos resolver problemas máis complexos. Por se che quedan dúbidas, deixo aquí un video que explica moi ben o que estivemos practicando esta mañá. 


martes, 29 de abril de 2025

luns, 28 de abril de 2025

O VERME DA CEREIXA




Continuamos lendo o noso "Animalario", que temos algo abandonado. Quedáramos en Ponte Ledesma, coa lesma, e avanzamos para atopar outro animaliño que se arrastra. Un verme. 



venres, 25 de abril de 2025

Debuxando un camaleón

 Hai moitas formas de comezar un debuxo sinxelo dun camaleón. Aquí deixo o exemplo que probamos na aula. 

 

 Este vainos levar máis tempo facelo, pero temos a vantaxe de que podemos colorealo e ademais está subido na póla dunha árbore.

Deixo, por último, un koala e un pitiño, a ver se así completamos a nosa "granxa virtual". Desta vez, imos usar o estilo KAWAI, que nos facilita moito o traballo. 







Susa Herrera

 Susa Herrera é unha profesora especialista en música. A Susa gústanlle moito os animais, e por iso creou moitas cancións que falan dos leóns, os osos, os caranguexos, os cans ou os camaleóns. 

Temos a gran sorte de que vai visitar o noso cole o vindeiro luns. Compartiremos a tarde con ela na biblioteca, así que vos recomendamos que escoitedes todo o que poidades das súas cancións. 

luns, 21 de abril de 2025

DANIEL DEFOE

 

Esta semana imos celebrar o Día do Libro. Aproveitaremos para achegarnos a un clásico da literatura: "Robinson Crusoe". O seu autor chamábase Daniel Defoe. Que sabemos sobre el? Cando naceu? Quen eran os seus pais? En que traballaba? Que cousas lle gustaba facer? Fíxose rico escribindo este libro? Escribiu algún libro mais? 

Aproveitaremos para investigar sobre a súa vida e a súa obra. Estades preparados?

mércores, 9 de abril de 2025

REPASAMOS A TÁBOA DO 2

Por se alguén de vós ten dificultades para aprender a táboa, lembrade que no caderno pegamos unha ficha na que razonamos o proceso. Podedes tela diante para repasar. HAI QUE MEMORIZALA , ademais de razonar por que a táboa do 2 é así. 

 

martes, 8 de abril de 2025

ROBINSON CRUSOE: UNHA ADAPTACIÓN DA HISTORIA

A historia de Robinson Crusoe foi escrita por Daniel Defoe. Cóntanos como un xoven británico ten que enfrentarse á adversidade cando o barco no que traballa naufraga. Convírtese no único habitante dunha illa perdida no medio do Océano, e ten que aprender a valerse por si mesmo. Aquí vos deixo unha breve adaptación e un resumo da historia.  



Aqui tedes un resumo, por se vos interesa aprender algo mais.


 


venres, 4 de abril de 2025

MULTIPLICACIÓN

 Xa sabemos sumar e restar. Agora damos un paso mais e chegamos á multplicación. ¿Que é multplicar? ¿Para que sirve?


LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5

 En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?