mércores, 28 de maio de 2025

LITROS

Xa sabedes que a lonxitude se mide en metros, centímetros, kilómetros... O tempo en segundos, minutos, horas, días... Para calcular o peso usamos os kilos, os gramos... Para calcular o valor das cousas usamos o diñeiro: as moedas de euro, céntimos... Que usamos para medir o volume das cousas, o que ocupan?

martes, 27 de maio de 2025

ENUNCIADO: FRASES Y ORACIONES

Ahora que tenemos claro cuáles son las oraciones interrogativas y las exclmativas, vamos a aprender algo más. ¿Es lo mismo una oración que una frase? ¿Y un enunciado? Vamos a intentar aclararlo con este video.

luns, 26 de maio de 2025

ORACIONES INTERROGATIVAS Y EXCLAMATIVAS

 Como ya sabemos leer, solo tenemos que preocuparnos por mejorar. Para leer bien es necesario entender los signos de puntuación :las comas, los puntos, los signos de interrogación y exclamación... Creo que después de esta explicación os será mucho más fácil.


MEDINDO VOLUME E CAPACIDADE

Xa temos medido o longo do corredor, o alto da porta, o ancho das nosos lapis... Tamén canto pesan distintos elementos: gomas, estoxos, ceras...Sabemos que se miden en centímetros (cm.), en metros (m.), kilómetros (km.)... Sabemos que as horas, os minutos e segundos miden o tempo; os anos, os meses, as semanas e os días tamén nos sirven para medir o tempo. Pero como se mide a auga das nosas botellas? E o que cabe na bañera? Como podemos medir a chuvia que cae nun lugar? Para iso tamén existen unidades que miden o volume e a capacidade. Primeiro imos pensar no que ten máis ou menos capacidade. Cabe mais ou cabe menos?  

Imos  probar agora se o entendemos ben. Por quendas, completamos este xogo: "Cabe mais ou cabe menos?"

   

Parar rematar completamos esta ficha de traballo entre todos (na pantalla e no papel)
Cuánto cabe, an interactive worksheet by silviasm
liveworksheets.com

martes, 20 de maio de 2025

TIM ENCUENTRA UN TESORO: CAPÍTULO 4

Con tanta tarea, hemos dejado a un lado a "Los Cinco". Vamos a reencontrarnos con ellos en este capítulo 4.

Aquí os dejo la segunda parte del capítulo... ¡aún más emocionante!



luns, 19 de maio de 2025

PALABRAS CON B/V

 Xa sabemos que, aínda que soan igual, hai palabras que se escriben con "b" e outras que se escriben con "v". A ver se sodes quen de localizalas nesta sopa de letras. 


O CARANGUEXO TATEXO

 Comezamos a coñecer os animaliños que van por mar, porque non poden voar. Despois de ler sobre a estrela de mar, imos saber o que lle pasa ao caranguexo.


martes, 13 de maio de 2025

XOGAMOS : QUE PESA MAIS?

 Pon a proba o que sabes. Que pesa mais ?


A BALANZA

 Podemos calcular se algo pesa mais ou menos, pero para saber o seu peso exacto, precisamos dun instrumento: A BALANZA. Imos ver como a balanza mide o peso. 


MEDIMOS A MASA : QUE PESA MAIS?

 Nos trimestres anteriores estivemos aprendendo a medir a lonxitude dos obxectos, dos lugares, das distancias... Tamén aprendemos a medir o tempo, cos calendarios e cos reloxos. E completamos a tarefa medindo o valor das cousas cos cartos. Lembrades todo isto?

Agora imos aprender a medir a masa dos obxectos que nos rodean. Que cres que pesa mais: un libro ou un lapis? Imos pensar nisto.

luns, 12 de maio de 2025

CORPOS XEOMÉTRICOS

Despois do paseo do xoves, non teremos problema en identificar que figura xeométrica representan estes obxectos:

domingo, 4 de maio de 2025

CUERPOS GEOMÉTRICOS

 Xa aprendemos o mes pasado as formas xeométricas: círculo, cadrado, rectángulo, triángulo, pentágono, hexágono...

Agora imos aprender os nomes dos corpos xeométricos. Saberías recoñecer que obxectos teñen forma de esfera, de cubo, de cilindro, de prisma, de pirámide...? Este vídeo pode axudarnos. 


REFRÁNS DE MAIO

 Estamos de estrea! Comezou un mes novo. O mes de maio é un pouco tolo, pero ten uns refráns moi bonitos. Imos copialos ben para deixalos pegados para sempre no noso caderno.







LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5

 En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?