sábado, 14 de xuño de 2025

mércores, 11 de xuño de 2025

martes, 10 de xuño de 2025

Polo Río Negro ata a praia

 Este luns demos un paseo cos compañeiros e compañeiras de Infantil. Foi case unha aventura, porque percorremos o curso do Río Negro desde a Fonte da Tella ata a praia dos Muíños. Deberíamos ter ido vestidos de exploradores e exploradoras, ou de "Los Cinco"!




xoves, 5 de xuño de 2025

O PAPASOL

 Xoaniña, voa voa

que che hei de dar pan de broa...

Así cantamos cando unha xoaniña se pousa na nosa man. Estes insectos bonitiños reciben tamén outros nomes: reirei, papoia, barrosiña...Todos estes nomes, que se refiren ao mesmo animaliño chámanse sinónimos, que son as palabras que significan o mesmo. Podes atopar máis sinónimos no dicionario da R.A.G.  

E non, "mariquita" non é un sinónimo: mariquita é o nome que se lle dá noutra lingua, en castelán. Igual que "ladybug", que é o nome que ten noutra lingua, o inglés. 

Este é o breve poema que aparece no "Animalario" sobre a xoaniña:



mércores, 4 de xuño de 2025

O BAÑISTA

 Achégase o verán e imos disfrutar da praia! Sabemos comportarnos como é debido, ou somos como o "Panoco do xeado"?



martes, 3 de xuño de 2025

LOS CINCO: TIM ENCUENTRA UN TESORO, CAP.5

 Ya estamos en mitad de la aventura, y no puede ser más emocionante, porque Los Cinco viajan juntos buscando alguien que sepa el valor del tesoro que Tim encontró. ¿Qué puede pasarles ahora?



domingo, 1 de xuño de 2025

OS SONS DOS ANIMAIS

 Os animaliños son quen de facer moitas cousas, e unha das formas nas que os distinguimos é polos sons que emiten. Esther vainos axudar a lembrar como se chaman estes sons. 


"A pulga da area" e "A ostra"

 Xa coñecemos animaliños da terra, e seguimos achegándonos aos animaliños do mar. Despois de coñecer a historia do "Caranguexo tatexo" e os antipáticos mexillóns, imos achegarnos a outros dous: a pulga da area e a ostra. Que sabedes delas? Onde viven? De que se alimentan? Son boas para o medio ambiente? Se premedes nas ligazóns, poderedes saber mais delas. 


Unha vida ben diferente ten a ostra. Sabedes por que?




mércores, 28 de maio de 2025

LITROS

Xa sabedes que a lonxitude se mide en metros, centímetros, kilómetros... O tempo en segundos, minutos, horas, días... Para calcular o peso usamos os kilos, os gramos... Para calcular o valor das cousas usamos o diñeiro: as moedas de euro, céntimos... Que usamos para medir o volume das cousas, o que ocupan?

martes, 27 de maio de 2025

ENUNCIADO: FRASES Y ORACIONES

Ahora que tenemos claro cuáles son las oraciones interrogativas y las exclmativas, vamos a aprender algo más. ¿Es lo mismo una oración que una frase? ¿Y un enunciado? Vamos a intentar aclararlo con este video.

LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5

 En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?