Xoaniña, voa voa
que che hei de dar pan de broa...
Así cantamos cando unha xoaniña se pousa na nosa man. Estes insectos bonitiños reciben tamén outros nomes: reirei, papoia, barrosiña...Todos estes nomes, que se refiren ao mesmo animaliño chámanse sinónimos, que son as palabras que significan o mesmo. Podes atopar máis sinónimos no dicionario da R.A.G.
E non, "mariquita" non é un sinónimo: mariquita é o nome que se lle dá noutra lingua, en castelán. Igual que "ladybug", que é o nome que ten noutra lingua, o inglés.
Este é o breve poema que aparece no "Animalario" sobre a xoaniña:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe aquí o teu comentario construtivo.