luns, 30 de setembro de 2024

ABELLAS NA ESCOLA

Nico, o apicultor, veu onte á nosa escola coas súas abellas. Grazas a el aprendemos como son estes bechiños, onde viven e como traballan. Sabemos tamén que producen pole, mel e cera. Así nos axudan a estar máis fortes, e mesmo a alumearnos na escuridade! Que traballadoras son!


Sabemos que hai tres tipos de abellas: as obreiras (as que mandan na colmea), as raíñas (que son as que poñen ovos), e os abázcaros (que son os papás das abelliñas novas). Todas traballan xuntas para ter unha colmea forte, que alimente a todos os bechiños, e que sobre para axudar ás persoas. 

Debemos coidar das abellas, porque sen elas, a Terra morrería pouco a pouco. Tamén os animaliños pequenos son importantes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario construtivo.

LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5

 En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?