xoves, 19 de setembro de 2024

TÉCNICA DO "FROTTAGE"

 Este curso, como o pasado, imos aprender a utilizar distintas técnicas que nos van axudar a desenvolver a nosa imaxinación para que poidamos crear moitas e divertidas pezas de debuxos e ilustración.

A palabra francesa "frottage" significa "frotar", "refregar"... Así que non será difícil adiviñar que refregando o lapis ou a cera contra unha superficie cun papel ou unha cartolina polo medio, podemos facer "debuxos" e "decoracións" diferentes, dependendo da textura que teña o que coloquemos embaixo. Se colocamos a folla dunha árbore terá unha textura diferente de se colocamos unha anaco de rede, unha lima, ou unha moeda. Imaxinades a de cousas diferentes que se nos poden ocurrir? Imos probar despois de ver este exemplo. 



O pintor Max Ernst foi o creador desta técnica, e con obras como a titulada "O bosque" (un óleo en papel montado sobre cartón), danos un exemplo do que podemos coseguir. 









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario construtivo.

LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5

 En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?