xoves, 27 de marzo de 2025

Os paxariños: lavandeiras e ferreiriños.

 Xa que imos compoñer poemas para os paxariños, imos comezar con dous ben comúns: a lavandeira e o ferreiriño.

Lavandeira branca
As lavandeiras son aves pequenas, de cola longa. Chámanse así porque lles gusta estar cerca da auga. No inverno gustan de estar nos parques e adáptanse ben ás cidades e vilas. 

Ferreiriño azul

O ferreiriño azul gusta de estar no bosque, onde pode comer moitos insectos. É moi ruidoso e activo. Chama moito a atención polas súas cores azuis e amarelas. Tamén lle gusta estar nos parques, e acomódase para criar en buratiños naturais ou artificiais, especialmente en caixas-niño. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe aquí o teu comentario construtivo.

LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5

 En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?