En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?
sábado, 14 de xuño de 2025
mércores, 11 de xuño de 2025
LEMOS E REPASAMOS: FROITOS E OUTONO (froggy jump)
Para ler comprensivamente e xogar repasando froitas, imos probar con este xogo. A ver que tal se vos da.
martes, 10 de xuño de 2025
Polo Río Negro ata a praia
Este luns demos un paseo cos compañeiros e compañeiras de Infantil. Foi case unha aventura, porque percorremos o curso do Río Negro desde a Fonte da Tella ata a praia dos Muíños. Deberíamos ter ido vestidos de exploradores e exploradoras, ou de "Los Cinco"!
xoves, 5 de xuño de 2025
O PAPASOL
Xoaniña, voa voa
que che hei de dar pan de broa...
Así cantamos cando unha xoaniña se pousa na nosa man. Estes insectos bonitiños reciben tamén outros nomes: reirei, papoia, barrosiña...Todos estes nomes, que se refiren ao mesmo animaliño chámanse sinónimos, que son as palabras que significan o mesmo. Podes atopar máis sinónimos no dicionario da R.A.G.
E non, "mariquita" non é un sinónimo: mariquita é o nome que se lle dá noutra lingua, en castelán. Igual que "ladybug", que é o nome que ten noutra lingua, o inglés.
Este é o breve poema que aparece no "Animalario" sobre a xoaniña:
mércores, 4 de xuño de 2025
O BAÑISTA
Achégase o verán e imos disfrutar da praia! Sabemos comportarnos como é debido, ou somos como o "Panoco do xeado"?
martes, 3 de xuño de 2025
LOS CINCO: TIM ENCUENTRA UN TESORO, CAP.5
Ya estamos en mitad de la aventura, y no puede ser más emocionante, porque Los Cinco viajan juntos buscando alguien que sepa el valor del tesoro que Tim encontró. ¿Qué puede pasarles ahora?
domingo, 1 de xuño de 2025
OS SONS DOS ANIMAIS
Os animaliños son quen de facer moitas cousas, e unha das formas nas que os distinguimos é polos sons que emiten. Esther vainos axudar a lembrar como se chaman estes sons.
"A pulga da area" e "A ostra"
Xa coñecemos animaliños da terra, e seguimos achegándonos aos animaliños do mar. Despois de coñecer a historia do "Caranguexo tatexo" e os antipáticos mexillóns, imos achegarnos a outros dous: a pulga da area e a ostra. Que sabedes delas? Onde viven? De que se alimentan? Son boas para o medio ambiente? Se premedes nas ligazóns, poderedes saber mais delas.
LOS CINCO: SEGUNDA PARTE DEL CAPÍTULO 5
En la primera parte de este capítulo, los Cinco habían perdido su tesoro... ¿Qué pasará ahora?
-
Esta muller que vedes aquí chamábase Eva Castiñeira. Vivía en Agranzón, unha aldea moi perto de aquí, coa súa familia. Sempre lle gustou t...
-
Este luns demos un paseo cos compañeiros e compañeiras de Infantil. Foi case unha aventura, porque percorremos o curso do Río Negro desde a...
-
Hai moitas formas de comezar un debuxo sinxelo dun camaleón. Aquí deixo o exemplo que probamos na aula. Este vainos levar máis tempo fa...